COMPARTIMOS 📰
🏅 O domingo celebrouse no encoro de Pontillón de Castro, en Verducido (Pontevedra), a Copa Galega de 200 e 500 metros, cunha elevada participación e gran nivel competitivo.
🚣♀️ Dende o Concello das Pontes queremos felicitar ao Club Náutico Folixa polos excelentes resultados acadados neste inicio de tempada, conseguindo dous bronces:
🥉 Na categoría Senior Feminina 200 m, coa embarcación formada por Iria, Elena, Raquel, Mary, Vanesa, Sinda, Tania, Victoria, Ely e Mariiña, con Emma ao tambor e Iván ao timón.
🥉 Na categoría Open Senior 200 m, con Agustín, Eva, Lina, Emma, Isa, Victoria, Marta, Fina e Amparo, con Mary ao tambor e Iván ao timón.
👏 Un novo exemplo do talento deportivo das Pontes e do traballo, esforzo e constancia dos nosos clubs.
💙 Parabéns a todo o equipo e moita sorte nos vindeiros retos!
#AsPontes #DeporteLocal #OrgulloDasPontes #Piragüismo