Noticias y alertas

Desde o Concello queremos expresar o noso máis profundo pesar e a nosa consternación polo tráxico falecemento de Xoel P....

07/05/2026

Desde o Concello queremos expresar o noso máis profundo pesar e a nosa consternación polo tráxico falecemento de Xoel P. V, veciño das Pontes 🖤
Nestes momentos de tanta dor, queremos transmitir todo o noso cariño e apoio á súa familia, ás súas amizades , así como á comunidade educativa e a comunidade deportiva da nosa vila 🤍, que hoxe senten a súa ausencia dun xeito inmenso e difícil de expresar con palabras.
Xoel era unha persoa nova, chea de vida, próxima e querida, cun futuro por diante que se viu interrompido de forma inxusta e dolorosa. A súa perda conmociona profundamente a toda a nosa vila.
Desde o Concello acompañamos con todo o noso afecto a quen hoxe sofre a súa marcha, compartindo a dor e mantendo vivo o seu recordo entre nós 🌿
Descansa en paz, Xoel 🕊️

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies