🎶✨ Mañá arranca PULSO nas Pontes! ✨🎶
O Auditorio Cine Alovi acolle desde este 8 de maio a primeira edición de PULSO, un novo festival que nace para converter As Pontes nun punto de encontro do jazz contemporáneo e da creación musical galega máis innovadora. 🎷🌿
🕣 20:30 h | Apertura con Copos de Avena, un cuarteto que mestura jazz, bolero, bossa nova e canción latinoamericana cunha mirada fresca e delicada. Unha viaxe sonora entre tradición e vangarda con ecos de Silvia Pérez Cruz, Rita Payés, Natalia Lafourcade ou Jorge Drexler.
🎹 A continuación, un dos momentos máis especiais do festival:
Abe Rábade & Antía Muíño compartirán escenario nun directo íntimo e emocionante onde conflúen jazz, canción de autora e música tradicional galega. Piano, voz, guitarra e pandeireta para presentar o seu recente EP Vente vindo / Eu en ti. 💫
📍 Auditorio Cine Alovi | As Pontes
📅 8 e 9 de maio
🎟️ https://aspontes.sacatuentrada.es/
🎺 O festival continuará o sábado coa actuación da Orquestra Galega de Liberación, dirixida por Xacobe Martínez Antelo, nunha proposta baseada na improvisación e o soundpainting.
Organiza: Concello das Pontes
Colabora: Deputación da Coruña – Rede Cultural
Produce: Luneda Producións
#PULSO2026 #AsPontes #JazzGalego #MúsicaGalega #AntíaMuíño #AbeRábade #CoposDeAvena #FestivalPULSO #CulturaGalega #JazzContemporáneo