Noticias e alertas

O alumnado do IES Plurilingüe Castro da Uz e do IES Moncho Valcarce participou os pasados luns 4 e martes 5 de maio na X...

11/05/2026

O alumnado do IES Plurilingüe Castro da Uz e do IES Moncho Valcarce participou os pasados luns 4 e martes 5 de maio na XV edición do xa consolidado Festival da Francofonía, celebrado en Vilanova de Arousa.
Durante a primeira xornada, o alumnado participante realizou un paseo en catamarán pola ría de Arousa para coñecer de preto as bateas de mexillóns e ostras características da zona. A programación completouse coa visita á Casa Museo Valle-Inclán e cun percorrido pola vila.
Xa pola noite, alumnado de todos os centros participantes compartiu unha xornada de convivencia no pavillón multiusos de Vilanova, onde tamén gozaron da proxección dunha película francesa 🎬
O martes, entre as 10:30 e as 13:30 horas, celebrouse o Festival da Francofonía. Tras as palabras de benvida do alcalde de Vilanova de Arousa, que felicitou aos centros pola iniciativa, o alumnado de francés procedente de 29 centros educativos de Galicia cantou, bailou e gozou dunha mañá chea de música, cultura e convivencia ao ritmo da francofonía 🎶✨
👏 Parabéns ao alumnado e profesorado participante por representar ás Pontes nun encontro educativo e cultural de referencia!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies