Noticias y alertas

📚⚠️ AVISO A sala infantil da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco permanecerá pechada ata novo aviso debido aos co...

12/05/2026

📚⚠️ AVISO
A sala infantil da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco permanecerá pechada ata novo aviso debido aos continuos comportamentos incívicos e á falta de respecto polas normas básicas de convivencia e uso dun espazo público.
🏛️ A biblioteca é un servizo público e un espazo común creado para o desfrute, a aprendizaxe e o fomento da lectura, especialmente entre a infancia. Cando estes espazos non se coidan, o prexuízo é para toda a veciñanza.
🛠️ Mentres se estudan e poñen en marcha medidas para evitar que esta situación volva repetirse, a sala infantil permanecerá pechada.
📖 O servizo de préstamo continuará dispoñible con normalidade.
💛 Lamentamos profundamente esta situación, especialmente por todas aquelas persoas e familias que si desfrutan da sala e contribúen a coidala cada día.
⏳ Traballaremos para atopar solucións o antes posible e recuperar este espazo nas condicións que merece.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies