Noticias e alertas

✒ PRESENTACIÓN DO LIBRO O Concello das Pontes acolle a presentación de “Oblea”, a nova obra de Xosé María Ferro Formoso....

12/05/2026

✒ PRESENTACIÓN DO LIBRO
O Concello das Pontes acolle a presentación de “Oblea”, a nova obra de Xosé María Ferro Formoso.
No corazón das Fragas do Eume, a tranquilidade ráchase cunha serie de crimes que parecen saídos dunha lenda antiga. Símbolos misteriosos, rituais esquecidos e unha atmosfera cargada de mitos envolven esta historia, onde o medo e a tradición camiñan da man.
O doutor Alfonso Neira Lafontaine e o subtenente Anselmo Piñeiro integran unha innovadora unidade de investigación que emprega por primeira vez ferramentas científicas como a fotografía, a botánica ou a química para resolver o caso. A súa investigación levaraos por templos abandonados, fontes milagreiras e pedras centenarias onde aínda resoan os ecos do pasado.
“OBLEA” é un thriller histórico-forense ambientado na Galicia rural de finais do século XIX, que explora os límites entre o mito e a verdade.
📅 15 de maio de 2026
🕣 20:00 horas
📍 Biblioteca Municipal das Pontes
Agardámosvos!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies