Noticias y alertas

👏🇪 Orgullo pontés e orgullo da nosa educación pública! 💙💛 O CEIP Plurilingüe Santa María de As Pontes vén de acadar...

14/05/2026

👏🇪 Orgullo pontés e orgullo da nosa educación pública! 💙💛
O CEIP Plurilingüe Santa María de As Pontes vén de acadar o 🏆 Primeiro Premio de Galicia no certame convocado pola Xunta de Galicia con motivo do Día de Europa, na categoría de Educación Primaria.
O galardón foi conseguido por alumnado de 6º de Primaria co proxecto “Un para todos e todos para un”, unha proposta creativa que simboliza a unión entre os pobos europeos mediante un tecido visual no que as bandeiras se entrelazan para representar que a diversidade fortalece o conxunto da Unión Europea.
Este recoñecemento chega nun ano moi especial para o centro, que celebra o terceiro aniversario da súa xornada institucional do Día de Europa coincidindo co 40º aniversario da entrada de España e Portugal na Unión Europea (1986-2026), baixo o lema “Corenta Anos Xuntos”. 🇪🇸🇵🇹🇪🇺
Detrás deste premio hai moito máis ca un cartel:
✨ Aprendizaxe cooperativa
✨ Investigación
✨ Creatividade
✨ Educación en valores
✨ Participación das familias
✨ Compromiso coa cidadanía europea
O alumnado de 6º converteuse en auténticos embaixadores culturais, investigando distintos países europeos e compartindo presentacións co resto do alumnado do centro, fomentando o coñecemento de Europa, a diversidade cultural e a cooperación.
O proxecto tamén inclúe iniciativas como o Pasaporte Europeo 📘, no que cada estudante recibe adhesivos dos países que “visita” a través das actividades, interiorizando dun xeito lúdico conceptos como a libre circulación e o sentimento de pertenza europea.
A implicación das familias é outro dos piares desta iniciativa, compartindo experiencias relacionadas con programas europeos como Erasmus e achegando ao alumnado unha visión real da importancia da Unión Europea para Galicia.
Desde o Concello das Pontes queremos felicitar ao alumnado, ao profesorado, ao equipo directivo e ás familias polo seu talento, esforzo e compromiso.
As Pontes segue demostrando o enorme potencial da súa comunidade educativa e o orgullo de contar cunha mocidade preparada para construír unha Europa máis xusta, humana e unida. 💙💛

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies