🎶🌿 A ROMARÍA DAS MERENDAS ENCHE AS PONTES DE MÚSICA E TRADICIÓN 🌿🎶
A V edición da Romaría das Merendas contará coa participación de dous grupos que farán da foliada un dos momentos centrais da xornada.
Dende Noia chega Aqu´e Alá 💚Un proxecto que nace entre amizades, talleres de artesanía, noites de venres e experimentación musical. A súa historia está profundamente ligada á música popular galega, ás romarías e á vida compartida arredor da cultura tradicional. 🎤🌊
✨ Xunto a eles estarán As Ferriñas, da ARC Os do 21 💃Un grupo formado por cinco mozas (Gabriela, Ainhara, Sara, Judith e Iria) que representan a nova xeración da música tradicional galega. Nacidas no 2014, manteñen vivo o repertorio popular a través da pandeireta, o canto e o baile. 🥁🎶
🚶♀️ Levan a súa música por festivais e encontros culturais de Galicia e Portugal, consolidándose como unha proposta fresca e comprometida coa tradición. 🌿 Dúas formacións, unha mesma esencia: música, identidade e cultura galega na Romaría das Merendas.
📍 Fraga de Dona Rita
🗓 Sábado 13 de xuño de 2026
#AsPontes #RomaríaDasMerendas #MúsicaTradicional #CulturaGalega #Foliada #AquEAlá #AsFerriñas