Noticias e alertas

✨💃 Esta semana vivimos unha experiencia inesquecible na Escola Municipal de Danza e Baile Moderno Tivemos a enorme sor...

20/05/2026

✨💃 Esta semana vivimos unha experiencia inesquecible na Escola Municipal de Danza e Baile Moderno
Tivemos a enorme sorte de recibir a visita de Hemellyn, de “Bailamos TVG”, que compartiu co noso alumnado unha xornada chea de emocións, aprendizaxe, ilusión e moita danza 🩷🎶
Durante a visita, Hemellyn conversou coas nosas alumnas e alumnos sobre o esforzo, a constancia e a importancia de perseguir os soños sen deixar nunca de bailar nin de crer nun mesmo 🌟🫶 Coa súa cercanía, alegría e naturalidade, conseguiu crear un ambiente moi especial no que todas e todos se sentiron motivados e inspirados 💫
Ademais, agasallounos cunha pequena clase chea de ritmo, enerxía e diversión 🕺💥 Un momento único no que puidemos aprender, desfrutar e sentir a paixón pola danza en cada movemento 🎵✨ Sen dúbida, unha experiencia que quedará gardada no corazón do noso alumnado 🩷
Queremos agradecerlle de corazón a @Hemellyn o cariño, a humildade e a ilusión que deixou na nosa escola con esta visita tan especial 💐💖
E tamén un agradecemento moi especial a @jaimepablodiaz , director da escola e membro do xurado do concurso 🏆👏, polo seu traballo, dedicación e por facer posible experiencias tan enriquecedoras para o noso alumnado 🌈✨ Grazas por impulsar cada día a danza, o compañeirismo e o amor polo baile 💃🕺🎶

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies