COMPARTIMOS 📰
🛍️🍽️ Esta fin de semana, As Pontes énchese de comercio, sabor e diversión coa chegada de Primavera en Feira e da Festa Gastronómica da Tortilla!
A carpa instalada no colexio de Santa María converterase nun gran mercado de oportunidades organizado por Cohempo, coa participación do comercio local e moitas propostas para toda a familia.
🎈 Ademais, haberá ludoteca infantil no Parque Municipal:
📅 Sábado: de 11.30 a 14.30 h e de 17.00 a 20.00 h
📅 Domingo: de 17.00 a 20.00 h
🛍️ Horarios da feira:
➡️ Sábado: de 10.30 a 14.30 h e de 16.30 a 20.30 h
➡️ Domingo: de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h
🍳 E en paralelo… chega a deliciosa Festa Gastronómica da Tortilla, con petiscos especiais, distintas elaboracións, agasallos e moitas sorpresas nos locais hostaleiros participantes.
✨ Como novidade moi especial, Cohempo recupera despois de máis de dúas décadas a histórica Festa da Tortilla Sorpresa, unha cita que durante anos formou parte da identidade festiva e social do Rego do Muíño.
📍 Horarios da Festa da Tortilla Sorpresa:
📅 Día 22: de 19.30 a 23.00 h
📅 Día 23: de 12.00 a 15.00 h e de 19.30 a 23.00 h
💙 Unha fin de semana perfecta para apoiar o comercio e a hostalería local, gozar en familia e vivir o mellor ambiente nas Pontes. Non o perdades!
Máis info: