Noticias y alertas

🎶🌿 A ROMARÍA DAS MERENDAS ENCHE AS PONTES DE MÚSICA E TRADICIÓN 🌿🎶 A V edición da Romaría das Merendas volverá conve...

25/05/2026

🎶🌿 A ROMARÍA DAS MERENDAS ENCHE AS PONTES DE MÚSICA E TRADICIÓN 🌿🎶
A V edición da Romaría das Merendas volverá converter a Fraga de Dona Rita nun espazo de encontro arredor da música popular galega, da festa e da nosa cultura. 💚🥁
✨ Teremos connosco ás Pandereteiras da Escola Municipal de As Pontes 💃
Con máis de 30 anos de traxectoria, son unha referencia no mantemento e transmisión da música tradicional galega nas Pontes. Xeración tras xeración, continúan levando ao escenario a forza da pandeireta, o canto e o respecto pola tradición, destacando pola súa enerxía, alegría e autenticidade. 🌿🎶
🥁 O seu traballo ao longo destes anos converteunas nunha peza fundamental da vida cultural pontesa, mantendo viva a nosa identidade a través da música popular. 💚
✨ Tamén contaremos con Os Charanghaitos 🎺
Unha formación nacida en Forcarei no ano 2017 da unión de amizades da Banda de Gaitas de Forcarei. Ao longo da súa traxectoria participaron en numerosas romarías, festas e festivais tradicionais de Galicia, levando un repertorio festeiro cheo de muiñeiras, pasodobres, xotas e rumbas que animan cada celebración. 🔥🎶
🌊 Dúas formacións cunha mesma esencia: compartir, celebrar e manter viva a música tradicional galega na Romaría das Merendas.
📍 Fraga de Dona Rita
🗓 Sábado 13 de xuño de 2026
#RomaríaDasMerendas #AsPontes #CulturaGalega #MúsicaTradicional #Pandeireta #Foliada #TradiciónGalega #OsCharanghaitos #EscolaMunicipalAsPontes #Galicia #MúsicaPopular

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies