Noticias y alertas

💚 AS PONTES ACOLLE O 7 DE XUÑO UNHA NOVA EDICIÓN DA ANDAINA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO As Pontes celebrará unha nova ed...

25/05/2026

💚 AS PONTES ACOLLE O 7 DE XUÑO UNHA NOVA EDICIÓN DA ANDAINA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO
As Pontes celebrará unha nova edición da andaina solidaria “As Pontes en marcha contra o cancro”, unha iniciativa xa consolidada no municipio que une actividade física, participación cidadá e compromiso social, organizada pola Xunta Local da AECC.
A actividade foi presentada esta mañá coa participación da concelleira de Igualdade, Tania Pardo; da concelleira de Deportes, Elena López; e da presidenta da Xunta Local da AECC, Loli Prieto, quen destacaron a importancia desta cita para a sensibilización, o apoio ás persoas afectadas e o impulso á investigación oncolóxica.
🚶‍♀️ A andaina contará cun percorrido circular de 4,5 km, con saída e chegada no Concello das Pontes. Trátase dunha actividade non competitiva e aberta a todas as idades, pensada como un espazo de encontro e convivencia.
🎗️ O obxectivo é recadar fondos para a investigación contra o cancro e o apoio a pacientes e familias, ademais de promover hábitos de vida saudables e a detección precoz.
💶 Inscricións:
8 € adultos
5 € menores de 12 anos
(Inclúe camiseta e dorsal solidario)
📌 Puntos de inscrición:
Óptica Baamonde, Saavedra, Bar A Cepa, Urbo Moda, Amas de Casa, Mayge e La Mercería
🌐 Online: enmarcha.contraelcancer.es
🤝 Desde o Concello das Pontes e a AECC faise un chamamento á participación de toda a veciñanza para encher as rúas de solidariedade. 💚 Porque cada paso conta na loita contra o cancro.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-acolle-o-7-de-xuno-unh…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies