Noticias e alertas

🐎🌿 AS PONTES ECUESTRE VOLVE O 6 DE XUÑO 🌿🐎 📍 As Pontes prepárase para acoller unha nova edición de As Pontes Ecuest...

26/05/2026

🐎🌿 AS PONTES ECUESTRE VOLVE O 6 DE XUÑO 🌿🐎
📍 As Pontes prepárase para acoller unha nova edición de As Pontes Ecuestre, unha cita xa consolidada no calendario hípico galego que combina deporte, natureza e turismo nun entorno único ao carón do lago.
💬 A concelleira de Deportes e Turismo, Elena López Seco, destacou que “se trata dunha cita clave tanto polo seu valor deportivo como polo seu impacto turístico, xa que contribúe a posicionar As Pontes como destino de deporte activo e a poñer en valor o noso entorno natural”.
🏆 O evento continúa medrando ano tras ano, tanto en participación como en público, converténdose nun verdadeiro escaparate da hípica galega.
📊 PROGRAMA E ACTIVIDADES DESTACADAS:
🐴 Concurso de Saltos Territorial (0,30 a 1,00 m)
🏅 Campionato Galego de Andadura
🤝 II Liga Ferrol–Eume–Ortegal
👧 Bautismos hípicos gratuítos para os máis pequenos
🐎 Triangular de horseball (novidade desta edición)
🌍 Preto de 200 xinetes e amazonas participaron na pasada edición, e agárdase volver a superar cifras este ano. 💙 Un evento que une deporte, tradición e promoción turística dun dos espazos naturais máis emblemáticos do municipio.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-ecuestre-consolidase-e…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies