🔬✨ PONTE NAS CIENCIAS | 1ª Feira Científica das Pontes ✨🔬
📅 1 de xuño de 2026
🕤 09:30 – 13:30 h
📌 Carpa no patio do CEIP Santa María
🌟 A ciencia sae das aulas para atoparse coa veciñanza! Chega “Ponte nas Ciencias”, a primeira feira científica colaborativa das Pontes, impulsada por 7 centros educativos do municipio 👩🏫👨🏫
Unha xornada para aprender, descubrir e compartir ciencia de forma divertida, próxima e participativa.
🧪🔎 QUE VAS PODER VER?
🧠 Experimentos en directo
🧫 Exposicións e maquetas científicas
⚙️ Proxectos tecnolóxicos do alumnado
🎤 Showlab: ciencia sorprendente e moi visual
📻 Radio escolar en directo con entrevistas e crónica da feira
🎥 Gravación dun vídeo resumo do evento
💡 Un evento creado por e para o alumnado, que transforma a curiosidade en aprendizaxe e o traballo das aulas en experiencias para toda a cidadanía.
👧➡️🧑 Tamén será un punto de encontro entre Primaria e Secundaria, axudando a coñecer novos centros e vivir con máis confianza os cambios de etapa.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-estreara-o-1-de-xuno-a…/