Noticias e alertas

🇪🇸⚽️ Hai soños que comezan nas pistas da casa… e acaban defendendo as cores da Selección Española. 😁 A nosa veciña e...

28/05/2026

🇪🇸⚽️ Hai soños que comezan nas pistas da casa… e acaban defendendo as cores da Selección Española.
😁 A nosa veciña e xogadora do Servicio Móvil Lago Sport, Adair Legaspi, vén de vivir unha experiencia inesquecible en Las Rozas formando parte do stage da Selección Española Sub-15.
👏🏻 Para As Pontes é un orgullo inmenso verte chegar tan lonxe, levando o nome do noso pobo e do fútbol sala pontés ao máis alto. Co teu esforzo, compromiso e talento non só medras como deportista, senón que tamén axudas a abrir camiño a moitas nenas e mozas que soñan con facer do deporte a súa paixón.
💜 O deporte feminino segue rompendo barreiras e estereotipos grazas a referentes como ti, demostrando cada día que non hai límites cando hai ilusión, traballo e valentía.
💙 Dende o Concello das Pontes queremos felicitarte por este logro tan especial e agradecerche que sexas exemplo para toda unha xeración que medra crendo nun deporte máis igualitario, visible e cheo de oportunidades.
📈💪🏻 Seguimos medrando, soñando e demostrando que o talento pontés non ten límites. Parabéns, Adair!
📷 Futsal RFEF

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies