Noticias y alertas

🎶🌿 A ROMARÍA DAS MERENDAS SEGUE LATINDO AO RITMO DA NOSA TRADICIÓN 🌿🎶 A V edición da Romaría das Merendas volverá co...

29/05/2026

🎶🌿 A ROMARÍA DAS MERENDAS SEGUE LATINDO AO RITMO DA NOSA TRADICIÓN 🌿🎶
A V edición da Romaría das Merendas volverá converter a Fraga de Dona Rita nun espazo de encontro arredor da música popular galega, da festa e da nosa cultura. 💚🥁
✨ Teremos connosco a No Cómbaro, colaborador na organización🎵 Fórmase nas Pontes no ano 2002, nun contexto marcado polo afundimento do Prestige, e desde entón leva máis de dúas décadas traballando pola divulgación e dignificación da nosa música tradicional. 🌊💚
Ao longo da súa traxectoria, a formación foi evolucionando ata contar actualmente con dúas propostas diferentes: unha centrada en gaitas e percusión para alboradas, pasarrúas e foliadas; e outra dedicada ao canto tradicional, combinando gaita, acordeón, percusión e voces. 🎶🥁
Foron impulsores e organizadores das Foliadas do Lar, participaron nas primeiras edicións da Romaría de Vilar do Courel e continúan argallando iniciativas culturais como a propia Romaría das Merendas. Co seu estilo propio, manteñen viva a esencia da música tradicional galega a través de pezas populares e creacións propias. 🌿✨
✨ Tamén contaremos con Gamelas e Anduriñas de Espasante 💃🎺
Esta asociación cultural e folclórica de Ortigueira leva máis de 40 anos defendendo e transmitindo a nosa cultura popular. No 2024 estiveron preto da desaparición, pero a ilusión, o compromiso e o amor pola tradición fixeron posible unha nova etapa chea de forza e futuro. 💚
Na actualidade traballan intensamente na creación de canteira, incorporando nenas e nenos desde moi pequenos, ao tempo que desenvolven actividades para espallar a cultura galega no seu entorno: magostos, aguinaldos, Letras Galegas, obradoiros de confección de saias, faladoiros sobre o traxe tradicional e moitas outras iniciativas. 🌾🎶
A súa aposta pola renovación e pola unión do grupo permitiulles construír un proxecto dinámico arredor da gaita, a percusión, o baile, a pandeireta e o canto, mantendo sempre viva a esencia da tradición galega.
🌊 Dúas formacións cunha mesma esencia: compartir, celebrar e manter viva a música tradicional galega na Romaría das Merendas.
📍 Fraga de Dona Rita
🗓 Sábado 13 de xuño de 2026

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies