🌿 Aberto o prazo para participar no programa Benestar Balnearios 2026 🌿
A Consellería de Política Social e Igualdade abre unha nova convocatoria deste programa destinado a promover o benestar e o envellecemento activo das persoas maiores. 🌿
🛏️ ¿En que consiste?
Estancias de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa en 15 balnearios de Galicia, entre xullo e decembro de 2026.
✔️ Inclúe:
🔹 Aloxamento, almorzo, xantar e cea
🔹 Tratamentos termais prescritos polo persoal médico
🔹 Actividades de animación sociocultural
👥 ¿A quen vai dirixido?
🔹 Persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia
🔹 Pensionistas maiores de 55 anos
🔹 Posibilidade de asistir cun acompañante
🔹 Tamén poderán participar fillos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %
⚠️ As persoas participantes deberán valerse por si mesmas para as actividades básicas da vida diaria.
🗓️ Prazo de inscrición: Do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026, ambos incluídos.
💻 ¿Como solicitar? Preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A) ou presencialmente nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía.
💶 ¿Canto custa? Tarifas subvencionadas pola Xunta, con prezos reducidos entre 31 € e 44 € por noite, segundo o balneario elixido.
📌 Unha vez concedida a praza, será necesario confirmar a reserva no balneario mediante un depósito de 30 €.
📞 Máis información: 900 333 666 | 881 995 961
#BenestarBalnearios #EnvellecementoActivo #XuntaDeGalicia #AsPontes