Noticias e alertas

COMPARTIMOS 📰 As Pontes de García Rodríguez converterase o próximo 12 de xullo nun punto de encontro deportivo e solida...

01/06/2026

COMPARTIMOS 📰
As Pontes de García Rodríguez converterase o próximo 12 de xullo nun punto de encontro deportivo e solidario coa celebración da IV edición da Carreira e Andaina As Pontes Contigo, unha iniciativa xa consolidada no calendario local que combina deporte, convivencia e solidariedade.
O evento ten como finalidade fomentar hábitos de vida saudables á vez que recada fondos para fins sociais. Nesta ocasión, os beneficios irán destinados á asociación A Xanela, entidade que desenvolve o seu labor no apoio e mellora da calidade de vida de persoas con diversidade funcional e persoas maiores, contribuíndo á súa inclusión social e benestar.
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies