🔬✨ As Pontes converteuse hoxe nun gran laboratorio ao aire libre coa celebración da primeira edición de Ponte nas Ciencias, unha feira científica impulsada de forma colaborativa polos centros educativos do municipio.
Ao longo da mañá, centos de persoas achegáronse á carpa instalada no CEIP Santa María para descubrir experimentos, demostracións en directo, proxectos tecnolóxicos e propostas divulgativas deseñadas polo propio alumnado, auténtico protagonista da xornada.
Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a ciencia á veciñanza, fomentar as vocacións científicas e crear espazos de encontro e colaboración entre a comunidade educativa.
Desde o Concello das Pontes queremos felicitar ao alumnado, profesorado e centros participantes polo seu traballo, ilusión e compromiso, facendo posible unha xornada que puxo en valor o talento, a creatividade e a capacidade innovadora da nosa mocidade.
📸 Compartimos algunhas imaxes desta primeira edición de #PonteNasCiencias, unha cita que aspira a consolidarse como referente da divulgación científica no noso municipio.
#AsPontes #Educación #Ciencia #DivulgaciónCientífica #TalentoPontés #PonteNasCiencias