COMPARTIMOS 📰
As Pontes e Ferrol, no mapa da automoción europea
A multinacional chinesa SAIC Motor instalará entre As Pontes e Ferrol a súa primeira planta de fabricación en Europa, un proxecto declarado estratéxico pola Xunta de Galicia. A iniciativa prevé un investimento inicial de 200 millóns de euros, a creación de 2.300 postos de traballo e unha capacidade de produción de ata 120.000 vehículos anuais.
O complexo industrial contará cun centro produtivo e loxístico repartido entre Ferrol e As Pontes, reforzando o papel da comarca como referente industrial e xerando novas oportunidades económicas e laborais para o territorio. As obras está previsto que comecen en 2027 e que a planta entre en funcionamento en 2028.
📈 Un proxecto de futuro que impulsa a reindustrialización, a innovación e a creación de emprego na nosa comarca. 💙
Máis info: https://www.lavozdegalicia.es/…/planta-saic-ferrol-creara-2…
#AsPontes #Ferrolterra #Industria #Emprego #Automoción #Galicia #SAIC #MG #DesenvolvementoEconómico