Noticias e alertas

🛶 Gran fin de semana para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, con representación pontesa en competicións auto...

03/06/2026

🛶 Gran fin de semana para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, con representación pontesa en competicións autonómicas e estatais.
O pasado 30 de maio, os máis novos do club participaron no Campionato Galego Benxamín e Alevín, disputado no encoro de Viladouto, no concello lucense de O Incio, onde acadaron uns magníficos resultados:
👏 Martín Ferro, 17º clasificado en K1 Home Benxamín A.
🥉 Javier Filgueira, terceiro clasificado en K1 Home Alevín B.
💪 Unai Penabad, sétimo clasificado en K1 Home Alevín A.
Ademais, o mesmo día, Ernesto Gancedo Herreras, presidente do club e tamén deportista en activo, desprazouse ata Zamora para competir no Campionato de España Veterán. Nunha categoría con 60 participantes, logrou unha meritoria 10ª posición en Veterán 50-54 anos, demostrando unha vez máis o seu compromiso e paixón polo piragüismo.
Parabéns a todos eles polo esforzo, a dedicación e por representar con orgullo o nome das Pontes dentro e fóra de Galicia. 💙🤍

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies