Noticias e alertas

🐴🏆 Preto de 200 xinetes e amazonas daranse cita este sábado na IV edición de #AsPontesEcuestre, na contorna do Lago da...

03/06/2026

🐴🏆 Preto de 200 xinetes e amazonas daranse cita este sábado na IV edición de #AsPontesEcuestre, na contorna do Lago das Pontes.
Durante toda a xornada poderemos desfrutar dun completo programa de competicións e exhibicións:
✅ Concurso de Saltos Territorial
✅ Campionato Galego de Andadura
✅ Torneo de Horseball
✅ Inicio da II Liga Ferrol-Eume-Ortegal
A organización, a cargo do Club Hípico Prado Ventura co apoio do Concello das Pontes, da Federación Hípica Galega e da Deputación da Coruña, reunirá a deportistas chegados de diferentes puntos de Galicia nunha cita xa consolidada no calendario ecuestre.
👧👦 Ademais, os máis pequenos e pequenas poderán participar de balde nos bautismos hípicos que se realizarán entre as distintas probas.
📍 Lago das Pontes
📅 Sábado, 6 de xuño
🕚 Desde as 11:00 horas
Unha xornada para desfrutar do deporte, da natureza e da paixón polo mundo ecuestre. Agardámosvos!
Máis info: https://vive.aspontes.org/preto-de-200-xinete-e-amazonas-d…/
📸 Hakuna Fotata Photographer
#AsPontes #AsPontesEcuestre #Deporte #Hípica #Horseball #Andadura #Galicia

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies