🔊🎆 AVISO Á VECIÑANZA – DISPARO DE PIROTECNIA
O Concello informa de que, con motivo da celebración de A Romaría das Merendas, está previsto un disparo de pirotecnia sonora no seguinte horario:
📅 Sábado, 13 de xuño
🕐 Ás 13:00 horas
⚠️ Importante: Os ruídos fortes poden resultar molestos ou mesmo angustiantes para algunhas persoas, especialmente para quen convive con:
🧩 Autismo
🔊 Hipersensibilidade sensorial
🧠 Alzhéimer ou outras enfermidades neurolóxicas
👵 Persoas maiores
👶 Nenos e nenas pequenas
🐶🐱 Animais de compañía
💙 Informamos con antelación para que as persoas afectadas, as súas familias e persoas coidadoras poidan prepararse e adoptar as medidas que consideren necesarias.
🙏 Pedimos desculpas polas posibles molestias. 🤝 Grazas pola vosa comprensión e colaboración.
🎉 Feliz Romaría das Merendas!