Noticias y alertas

A V edición da Romaría das Merendas vai completando o seu cartel e estes son os últimos grupos que pechan a programación...

05/06/2026

A V edición da Romaría das Merendas vai completando o seu cartel e estes son os últimos grupos que pechan a programación musical deste ano na Fraga de Dona Rita. Un encontro para celebrar a nosa cultura e compartir arredor do que nos une. 💚✨
Hoxe pechamos a presentación dos grupos participantes desta edición con dúas formacións que traen historia, talento e moita enerxía ao escenario. 🎵
✨ TríoPrata
Este conxunto musical nace no ano 2010 co obxectivo de acompañar ao gaiteiro Germán V. Soneira, coñecido como o gaiteiro dos Lamas, recuperando e dándolle nova vida ás melodías tradicionais. 🎶
O grupo está formado por Julia Pozo, Juan Nogareda e Chema Cebeiro, que acompañan con percusión e voz a este músico incansable, xa de 88 anos e con tres traballos discográficos publicados.
Un proxecto que combina experiencia, emoción e respecto pola música de sempre, mantendo viva unha tradición que segue medrando co paso do tempo. 🥁✨
✨ A Troula do Ortegal
Dende Ortigueira chega esta asociación cultural nacida no ano 2008 en San Adrián de Veiga. Desde entón, levan anos promovendo a música e o baile tradicional galego por toda Galicia e tamén fóra dela. 🌍🎻
Conta con cantareiras, bailadoras e instrumentistas de diferentes idades e parroquias da comarca, cunha formación que integra gaitas, acordeóns e percusión. Un proxecto vivo e interxeracional que segue a fortalecer a identidade e o folclore galego no día a día. 💃
🌊 Dúas propostas diferentes, pero cun mesmo espírito: manter viva a nosa música e compartir festa, tradición e comunidade.
📍 Fraga de Dona Rita
🗓 Sábado 13 de xuño de 2026 🎶

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies