Noticias y alertas

🚣‍♂️💙 Gran actuación do Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo no Campionato de España para categorías cadetes, celebra...

08/06/2026

🚣‍♂️💙 Gran actuación do Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo no Campionato de España para categorías cadetes, celebrado esta fin de semana no encoro de Pontillón de Castro (Pontevedra).
Os padexeiros ponteses Xoel Timiraos, Daniel Ferro e Xalo Romero medíronse cos mellores deportistas do panorama nacional, demostrando un gran nivel competitivo e deixando moi boas sensacións.
👏 Na xornada do sábado, sobre a distancia olímpica de 1.000 metros en K1:
🔹 Daniel Ferro acadou un destacado 8º posto na final A tras superar as semifinais e situarse entre os nove mellores padexeiros da súa categoría.
🔹 Xoel Timiraos foi 35º en cadete B, quedando a pouco máis dun segundo das semifinais.
🔹 Xalo Romero rematou 37º en cadete A, quedando tamén ás portas da seguinte fase por unha marxe moi reducida.
🚣‍♂️🚣‍♂️ Xa o domingo, Daniel Ferro e Xalo Romero competiron en K2 cadete sobre 500 metros, logrando clasificarse para a final B, onde finalizaron nun meritorio 9º posto.
🎉 Parabéns aos tres deportistas e ao Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo polo seu esforzo, compromiso e por representar con orgullo o nome das Pontes nunha cita de máximo nivel.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies