🚣♂️🏆 Grandes resultados para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes no Campionato Galego de Travesías!
O domingo, o club pontés participou no Campionato Galego de Travesías disputado na marisma do Mandeo, en Betanzos, nunha esixente proba de 10 quilómetros marcada pola pouca profundidade da auga e as correntes provocadas polo cambio de marea.
Os deportistas das Pontes acadaron destacados resultados:
🥇 Xoel Timiraos e Xalo Romero proclamáronse campións galegos en K2 Cadete Masculino.
🥇 Antonio Polo conquistou o título de Campión Galego en K1 Veterán Masculino tras facerse coa vitoria na regata.
🥉 Adrián Filgueira e Omar Penabad lograron a medalla de bronce en K2 Xuvenil Masculino.
👏 En K1 Cadete Masculino, Daniel Ferro liderou a competición durante gran parte da proba, pero un incidente nos últimos metros obrigouno a sobrepoñerse a un envorco para finalizar nun meritorio quinto posto galego.
👏 Na categoría K1 Veterán Masculino, Ernesto Gancedo rematou sexto e J. Antonio Menéndez “Lolo” acadou a sétima posición.
Parabéns a todos os deportistas e ao Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes polo seu esforzo e polos excelentes resultados acadados! 💙💛
#AsPontes #Piragüismo #DeporteGalego #GrupoXuvenilAsPontes #CampionatoGalego #OrgulloPontés