⛵🌊 Este verán, o lago das Pontes convértese na mellor aula ao aire libre!
O Club de Vela Fluvial As Pontes abre as inscricións para os seus Cursos de Vela de Verán 2026, dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos.
📅 Do 6 de xullo ao 28 de agosto
🕙 De 10:00 a 14:00 horas
⛵ Cursos semanais de 20 horas de formación
Unha oportunidade única para aprender a navegar, facer deporte, gañar autonomía, fomentar o traballo en equipo e gozar da natureza nun entorno seguro e privilexiado.
✅ Todo o material incluído
✅ Chalecos salvavidas facilitados polo club
✅ Descontos para socios e para a contratación de varias semanas
✨ Como novidade, o Club aposta pola continuidade da aprendizaxe, animando aos participantes a incorporarse á escola deportiva durante o inverno e seguir medrando no deporte da vela.
⚠️ As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes.
📝 Inscricións e máis información:
https://forms.cloud.microsoft/r/in3rN5wsGk
#AsPontes #Vela #Verán2026 #DeporteBase #LagoDasPontes #ClubDeVelaFluvialAsPontes