🔵 O Goberno local confirma que non se realizará a demolición das torres de refrixeración da central térmica nin o 16 de xullo nin durante as Festas do Carmen, polo que a súa execución queda aprazada para unha data posterior.
No mes de maio, cando Endesa comunicou a previsión inicial de executar estes traballos durante as festas patronais, o Concello XA trasladou a súa oposición a esas datas por consideralas inadecuadas.
📅 A actuación deberá realizarzse o antes posible, a poder ser en agosto, co obxectivo de avanzar na dispoñibilidade dos terreos e na súa incorporación ao uso industrial, no marco da estratexia de desenvolvemento económico das Pontes.
🚧 A demolición executarase baixo estritos protocolos de seguridade establecidos pola normativa vixente e en coordinación permanente entre Policía Local, Protección Civil local e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, seguindo o mesmo modelo aplicado en intervencións similares en Cerceda.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-goberno-local-confirma-que-non…/