Noticias e alertas

📚✨ Clausura do Obradoiro de Memoria nas Pontes A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a directora do CIM, Mac...

18/06/2026

📚✨ Clausura do Obradoiro de Memoria nas Pontes
A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a directora do CIM, Maca Rego, participaron no acto de clausura e entrega de diplomas dunha nova edición do Obradoiro de Memoria, unha iniciativa do Concello das Pontes en colaboración coa Asociación de Viúvas.
👩‍🦳 Máis dunha vintena de mulleres, de entre 45 e 85 anos, participaron durante os últimos nove meses neste programa, deseñado para exercitar a memoria e outras capacidades cognitivas como a atención, a concentración e a aprendizaxe.
💬 Ademais do seu valor terapéutico, o obradoiro favorece o envellecemento activo, a convivencia e a creación de redes de apoio entre as participantes.
🎓 No acto, as alumnas recibiron os seus diplomas nun ambiente de emoción e satisfacción polo traballo realizado.
💙 O Concello das Pontes reafirma así o seu compromiso co benestar, a participación social e o envellecemento activo das persoas maiores.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-obradoiro-de-memoria-do-concel…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies