COMPARTIMOS 📰 🚗⚡ A vitoria quedou na casa!
Os equipos Kastro Sport Team I e Kastro Sport Team II, do IES Castro da Uz, proclamáronse vencedores da III Carreira Greenpower Galicia III Carreira Greenpower Galicia, celebrada este xoves no circuíto de karts das Pontes.
🏆 O Kastro Sport Team I acadou o triunfo na categoría F24 (11-16 anos), mentres que o Kastro Sport Team II fixo o propio na categoría F24+ (16-25 anos).
Na competición participaron doce equipos procedentes de Galicia, Asturias e País Vasco, nunha xornada marcada pola innovación, o traballo en equipo e o talento da mocidade.
👏 Parabéns aos dous equipos por estes magníficos resultados e por levar o nome das Pontes ao máis alto!
Máis info: https://www.elprogreso.es/…/equi…/202606182203231979160.html
#AsPontes #GreenpowerGalicia #Educación #Innovación #Xuventude #Motor #OrgulloPontés