⚽👏 Orgullo pontés!
A deportista pontesa Adair Legaspi, do club Lago Sport, continúa sumando experiencias e éxitos na súa traxectoria deportiva. A xogadora participou recentemente na concentración da Selección Española Feminina Sub-15 en Portugal, formando parte do combinado nacional dirixido por Daniel Cortés.
Durante esta convocatoria, España acadou un empate (2-2) e unha vitoria (1-3) fronte á selección portuguesa, con participación destacada de Adair nos dous encontros. Ademais, a futbolista das Pontes contribuíu ao triunfo do equipo anotando un dos goles da concentración.
Desde o Concello das Pontes queremos felicitar a Adair por este importante logro e por representar con orgullo o talento deportivo da nosa vila.
💙 Moitos parabéns, Adair! Desexámosche que sigas medrando, aprendendo e gozando desta apaixonante etapa, con moitos máis éxitos por chegar.
#AsPontes #OrgulloPontés #Deporte #FútbolFeminino #SelecciónEspañola #Canteira #TalentoPontés