Noticias e alertas

COMPARTIMOS🛜COMUNICADO OFICIAL – SUSPENSIÓN DO IV MINIBTT VILA DE AS PONTES Dende o Club Ciclista Terras do Eume lamen...

21/06/2026

COMPARTIMOS🛜
COMUNICADO OFICIAL – SUSPENSIÓN DO IV MINIBTT VILA DE AS PONTES
Dende o Club Ciclista Terras do Eume lamentamos comunicar a suspensión do IV MinibTT Vila de As Pontes, previsto para mañá 21/06/2026.
Esta decisión vén motivada pola suspensión da actividade Xogade e federada no exterior, decretada pola Secretaría Xeral para o Deporte debido á situación de alerta vermella por altas temperaturas na que se atopa mañá o noso concello.
A comunicación oficial desta medida foi emitida pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 20 de xuño de 2026 ás 18:00 horas, motivo polo que non nos foi posible informar con maior antelación. (https://deporte.xunta.gal/…/boletindeportes_116_20062026.pdf)
Somos conscientes das molestias que esta suspensión pode ocasionar a participantes, familias, clubs e colaboradores. Porén, entendemos que a seguridade e o benestar dos nenos e nenas deben prevalecer por riba de calquera outra consideración, e en ningún caso queremos poñer en risco a ningún dos participantes.
No caso de existir marxe no calendario da Federación Galega de Ciclismo, a nosa intención é poder aprazar a proba e buscar unha nova data de celebración, que será comunicada oportunamente.
Agradecemos a comprensión de todas as persoas implicadas e lamentamos profundamente os inconvenientes derivados desta situación excepcional.
Club Ciclista Terras do Eume
As Pontes, 20 de xuño de 2026

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies