Noticias e alertas

COMPARTIMOS 🌐 🌱 BIEITEIRAS, SEGUNDO PREMIO NOS PREMIOS PEL ÁS MELLORES INICIATIVAS EMPRESARIAIS DA PROVINCIA 👏 O prox...

22/06/2026

COMPARTIMOS 🌐
🌱 BIEITEIRAS, SEGUNDO PREMIO NOS PREMIOS PEL ÁS MELLORES INICIATIVAS EMPRESARIAIS DA PROVINCIA 👏
O proxecto Bieiteiras, impulsado polos ponteses Cynthia Arias e Iván Ledo, vén de acadar o segundo premio na categoría de Iniciativa Territorio Sostible dos Premios PEL ás Mellores Iniciativas Empresariais da provincia da Coruña.
Trátase dun recoñecemento moi destacado, especialmente tendo en conta que nesta edición concorreron 145 iniciativas empresariais de toda a provincia. O galardón foi entregado o venres na Coruña, durante unha gala celebrada no CEI Centro de Estudo Inmersivo da Cidade das TIC, de mans do presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.
🌿 Certificado polo CRAEGA, Bieiteiras aposta polo cultivo e a venda de froitas, verduras e hortalizas ecolóxicas, demostrando que o rural é tamén un espazo de innovación, sustentabilidade e oportunidades.
💜 Este premio pon en valor o talento, o esforzo e a capacidade emprendedora de persoas como Cynthia, exemplo do papel fundamental que desempeñan as mulleres no desenvolvemento económico e social do noso rural. Mulleres que, coa súa iniciativa e compromiso, contribúen a fixar poboación, crear emprego e construír futuro desde o territorio.
👏 Parabéns a Cynthia e Iván por este merecido recoñecemento e por levar o nome das Pontes a un certame provincial de referencia. O seu éxito é tamén unha inspiración para quen cre no potencial do rural e no emprendemento como motor de transformación.
Máis info: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida…&
#AsPontes #Bieiteiras #PremiosPEL #EmprendementoRural #MulleresNoRural #TerritorioSostible #ProdutoEcolóxico

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies