O Concello das Pontes acolleu hoxe a presentación oficial do Triatlón Lago das Pontes 2026, unha nova cita deportiva que se celebrará o vindeiro domingo 28 de xuño no entorno do lago e que se incorpora por primeira vez ao calendario galego de tríatlon.
O evento está organizado polo Club TriArteixo–AceadeAma, en colaboración co Concello das Pontes e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, e nace con vocación de continuidade e co obxectivo de consolidar o lago como escenario de referencia para o tríatlon en Galicia.
💪 A proba contará con:
• 🏊♂️ Natación no lago
• 🚴♂️ Ciclismo por circuíto ata o límite con Xermade
• 🏃♂️ Carreira a pé arredor do lago
📊 Formato da competición:
• Media distancia
• Distancia olímpica (sen drafting)
• Participación individual e por relevos
• Máis de 300 deportistas inscritos
🤝 O evento conta cun amplo dispositivo organizativo no que participan administracións, entidades deportivas, empresas colaboradoras e máis de 40 persoas voluntarias, ademais de Policía Local e Protección Civil.
🎉 Actividades paralelas:
• Música en directo
• DJ
• Zona gastronómica
🚧 Cortes de tráfico (domingo 28 de xuño):
⏰ 08:00 – 14:00/15:00 h aprox.
📍 Estrada do entorno do lago – Avenida de Galicia – dirección Xermade
⚠️ Recoméndase planificar desprazamentos e utilizar rutas alternativas.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-lago-das-pontes-estrea-unha-no…/