AS PONTES... A TODA COR ❤️🧡💛💚💙💜🌈
🗨️ Oes... que é a identidade de xénero? 🤔
Como ben saberás, a cada persoa asígnaselle un sexo ao nacer 👶 (muller ou home) e, en base a este, constrúese socialmente un xénero 🎭 (feminino ou masculino), con toda unha mochila 🎒 de mandatos, roles e comportamentos “esperados” sobre a “forma correcta de ser muller” ou a “forma correcta de ser home”.
👉 A identidade de xénero é a percepción persoal 🪞 que cada persoa ten de si mesma en canto ao seu xénero. Esta pode corresponderse ou non co sexo asignado ao nacer.
⚠️ Pero coidado! Identidade de xénero non é o mesmo que expresión de xénero!! 🚨✨
A expresión de xénero refírese a como mostramos ao mundo quen somos: roupa 👗👕, comportamento, maneira de falar, etc.
📚 Bótalle un ollo aos materiais da campaña para descubrir máis e #FAILLEeco 📣🌈