Noticias e alertas

🏟️ Rematan as obras de rehabilitación enerxética do Polideportivo da Magdalena O Concello das Pontes vén de finalizar a...

29/06/2026

🏟️ Rematan as obras de rehabilitación enerxética do Polideportivo da Magdalena
O Concello das Pontes vén de finalizar as obras de rehabilitación enerxética do Polideportivo da Magdalena, cun investimento total de 149.911,99 euros, financiado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o propio Concello.
🔧 A actuación permitiu modernizar esta instalación deportiva, construída entre finais dos anos 80 e comezos dos 90, mellorando de forma significativa a súa eficiencia enerxética, confort e funcionalidade.
Entre as principais intervencións destacan:
🧱 Rehabilitación da envolvente exterior
🌧️ Renovación de canalóns e baixantes
💡 Nova iluminación LED intelixente
♨️ Novo sistema de auga quente con aerotermia
🏫 Esta mellora beneficiará directamente ao alumnado do CEIP A Magdalena, aos clubs deportivos e á veciñanza usuaria do pavillón, que conta agora cunhas instalacións máis eficientes, confortables e sostibles.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-remata-as-…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies