🛍️ As rebaixas chegan ás rúas das Pontes con unha nova edición de Comercio na Rúa, organizada por Cohempo- Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses ! 🎉
📅 Do 1 ao 4 de xullo
🕒 Horarios:
⏰ Mércores, xoves e venres en horario habitual de mañá e tarde.
⏰ Sábado, só en horario de mañá.
🌸 Os comercios participantes ambientarán os seus espazos con decoración especial para crear unha experiencia de compra diferente.
🎟️ Ademais, durante a campaña sortearanse 20 prazas para unha clase de Barré ao aire libre, que se celebrará durante as Festas do Carme e será impartida por @Mart Studio:
✔️ 15 prazas a través das papeletas entregadas nos establecementos participantes.
✔️ 5 prazas rexistrando os tickets de compra na app de Cohempo.
🛍️ As persoas que realicen compras superiores a 30 € poderán conseguir unha bolsa de tea de edición especial, que este ano incorpora novas chapas e imáns #OrgulloPontés (ata fin de existencias).
🏪 Comercios participantes:
La Estrella · Ático30 · Òptica Baamonde · Anduriña's · Ropa's Moda · Texas Moda · Cul Moda · Vilaboy Moda · Calzados Pajón · Urbo Moda · Calzados Saavedra · Niza · VL · Zokos · Calzados Criado · Entrecosturas · La Cottonería · Novalux.
💚 Mercar no comercio local é apostar polo desenvolvemento das Pontes. Achégate, participa e apoia o comercio de proximidade.