Noticias y alertas

COMPARTIMOS 🏅 Fin de semana de competición para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes! O pasado domingo 28 de x...

02/07/2026

COMPARTIMOS
🏅 Fin de semana de competición para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes!
O pasado domingo 28 de xuño, o club pontés participou en dúas importantes citas deportivas, levando o nome das Pontes a diferentes escenarios de Galicia.
🚣 No encoro de Pontillón de Castro, o equipo cadete competiu nas probas olímpicas de K1 e K2. Na modalidade de K1 1.000 metros, Xalo acadou a 6ª posición en cadete A, Dani foi 8º en cadete B e Xoel rematou 9º. Xa na tarde, Xalo e Dani lograron unha meritoria 5ª posición na final de K2 500 metros, nunha regata moi disputada.
🐉 Pola súa banda, o equipo de barco dragón estreouse no Campionato Galego DB12, celebrado na área recreativa de Os Robles, en Lugo.
O club participou con tres tripulacións, obtendo a 6ª posición nas categorías DB12 Muller Sénior, DB12 Open Veterán e DB12 Muller Veterán.
👏 Parabéns a todas e todos os deportistas polo seu esforzo, compromiso e por representar con orgullo ao deporte das Pontes. Moita sorte nas próximas competicións!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies