Noticias e alertas

🗓️ O vindeiro 10 de xullo, o Museo Etnográfico Monte Caxado presentará un novo número dos seus Cadernos do Museo, unha...

03/07/2026

🗓️ O vindeiro 10 de xullo, o Museo Etnográfico Monte Caxado presentará un novo número dos seus Cadernos do Museo, unha edición moi especial con motivo do 40 aniversario da entidade. 🎉🎂
🏛️ Esta publicación realiza un percorrido pola historia do museo desde os seus inicios ata a actualidade, poñendo en valor 40 anos de compromiso coa recuperación da memoria, a conservación do patrimonio 🤝, a investigación 📖 e a difusión da cultura popular das Pontes e da comarca. ❤️
🌞 Como xa é tradición, a presentación celebrarase na semana previa ás Festas do Carme e da Fraga 🎶🎡, consolidándose como unha das citas culturais máis destacadas do verán pontés.
📅 Reservade a data!
👥 Animámosvos a acompañar ao Museo Etnográfico Monte Caxado neste acto tan especial e a estar moi atentos/as, porque nos vindeiros días iremos coñecendo máis novidades sobre esta publicación conmemorativa. ✨

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies