Noticias e alertas

📍Información importante sobre a demolición das torres da central térmica 🗓️ O vindeiro 30 de xullo levarase a cabo a d...

03/07/2026

📍Información importante sobre a demolición das torres da central térmica
🗓️ O vindeiro 30 de xullo levarase a cabo a demolición das torres de refrixeración da central térmica, unha vez finalizadas as Festas do Carme
⚡ Para a execución dos traballos será necesaria a parada do parque de transformación da central e o establecemento dun cero enerxético na subestación situada xunto á instalación, un punto clave da rede eléctrica que dá servizo á evacuación de varios parques eólicos e á conexión de grandes consumidores industriais.
🔌 Isto implicará unha interrupción temporal da subministración eléctrica durante esa xornada nas instalacións afectadas. 🤝 O Concello agradece a colaboración e coordinación das empresas e operadores implicados para facer posible a planificación desta actuación: Megasa | Alcoa | Redeia Corporación | Naturgy | Endesa
🛡️ A demolición desenvolverase con todas as medidas de seguridade necesarias, baixo estritos protocolos e en coordinación cos servizos de emerxencias. 🚓 O dispositivo contará coa participación e coordinación da Policía Local, Protección Civil e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia
🚧 Durante as horas de execución dos traballos será necesario o corte temporal das estradas anexas, co fin de garantir a seguridade da veciñanza e facilitar o desenvolvemento da operación.
🏘️ Xa se están a realizar comunicacións informativas ás vivendas próximas á zona de actuación para garantir que a cidadanía dispoña de toda a información con antelación.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-confirma-que-a-demoli…/
#AsPontes #Enerxía #Seguridade #CentralTérmica #Infraestruturas

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies