Noticias y alertas

A adquisición por parte da Xunta de Galicia das instalacións de Einsa, unha das maiores naves industriais de Galicia, co...

04/07/2026

A adquisición por parte da Xunta de Galicia das instalacións de Einsa, unha das maiores naves industriais de Galicia, con máis de 110.000 m², supón un paso decisivo para facer realidade un gran proxecto industrial nas Pontes.
🗣️ O alcalde, Valentín González Formoso, asegurou que "con firmeza, seriedade e discreción vanse dando pasos cara á consolidación dun gran proxecto industrial", destacando que este avance é o resultado de meses de intenso traballo, coordinación e colaboración entre administracións.
🤝 O rexedor agradeceu a implicación da Xunta de Galicia, do seu presidente, Alfonso Rueda, da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e dos seus equipos, así como o traballo conxunto desenvolvido co Goberno de España e o Concello das Pontes.
📈 A adquisición das instalacións constitúe a primeira fase dun proxecto industrial estratéxico de gran dimensión.
✅ Na actualidade, os equipos técnicos das distintas administracións continúan traballando de forma coordinada para facer posible esta implantación.
Máis info: https://vive.aspontes.org/valentin-gonzalez-formoso-con-fi…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies