Noticias y alertas

COMPARTIMOS 🚣‍♂️ Excelentes resultados do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes na I Regata do V Circuito Deputaci...

06/07/2026

COMPARTIMOS
🚣‍♂️ Excelentes resultados do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes na I Regata do V Circuito Deputación da Coruña.
O pasado sábado 4 de xullo, os máis novos do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazáronse ata A Coruña para participar na primeira regata do V Circuito Deputación da Coruña, disputada no entorno da Praia de Oza.
A representación pontesa acadou uns magníficos resultados:
🥇 Home Cadete K1 3.000 m
Dani Ferro, 1º posto.
Xoel Timiraos, 3º posto.
Xalo Romero, 6º posto.
🥇 Home Alevín A K1 1.500 m
Unai Penabad, 1º posto.
🥇 Home Alevín B K1 1.500 m
Javi Filgueiras, 1º posto.
🏅 Home Benxamín A K1 1.500 m
Martín Ferro acadou un meritorio 4º posto, quedando ás portas do podio tras un emocionante sprint.
Na clasificación por clubs, o Grupo Xuvenil As Pontes rematou na 10ª posición.
👏 Parabéns a todos os deportistas e ao corpo técnico polo gran traballo realizado e por seguir levando o nome das Pontes ao máis alto nivel. Moitos éxitos para as vindeiras competicións!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies