COMPARTIMOS
🚣♂️ Excelentes resultados do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes na I Regata do V Circuito Deputación da Coruña.
O pasado sábado 4 de xullo, os máis novos do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazáronse ata A Coruña para participar na primeira regata do V Circuito Deputación da Coruña, disputada no entorno da Praia de Oza.
A representación pontesa acadou uns magníficos resultados:
🥇 Home Cadete K1 3.000 m
Dani Ferro, 1º posto.
Xoel Timiraos, 3º posto.
Xalo Romero, 6º posto.
🥇 Home Alevín A K1 1.500 m
Unai Penabad, 1º posto.
🥇 Home Alevín B K1 1.500 m
Javi Filgueiras, 1º posto.
🏅 Home Benxamín A K1 1.500 m
Martín Ferro acadou un meritorio 4º posto, quedando ás portas do podio tras un emocionante sprint.
Na clasificación por clubs, o Grupo Xuvenil As Pontes rematou na 10ª posición.
👏 Parabéns a todos os deportistas e ao corpo técnico polo gran traballo realizado e por seguir levando o nome das Pontes ao máis alto nivel. Moitos éxitos para as vindeiras competicións!