Noticias e alertas

🎶 As bandas de música enchen de son As Pontes nas Noites do Carmen O vindeiro sábado 11 de xullo, a música será a gran...

06/07/2026

🎶 As bandas de música enchen de son As Pontes nas Noites do Carmen
O vindeiro sábado 11 de xullo, a música será a gran protagonista dunha nova cita do programa Noites do Carmen, incluído na programación das Festas do Carme e A Fraga 2026.
🎺 O XXIX Certame de Bandas de Música das Pontes reunirá a tres formacións que ofrecerán unha tarde de música e convivencia:
🎼 Banda de Música de Charamela (Pontedeume)
🎼 Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia
🎼 Banda Cultural e Recreativa das Pontes
📍 Programa:
🕖 19:00 h | Pasarrúas desde a Casa do Concello.
🕢 19:30 h | Inicio do certame na Praza de América.
Unha oportunidade para gozar da música de banda ao aire libre e compartir unha das citas culturais máis consolidadas do verán pontés.
🎵 Agardámosvos para vivir unha tarde chea de boa música dentro das Noites do Carmen! #FestasDoCarmeEAFraga2026 #NoitesDoCarmen #AsPontes #Cultura #MúsicaDeBanda

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies