🇪🇸🚣♀️ AS PONTES, PRESENTE NO CAMPIONATO DE EUROPA DE BARCO DRAGÓN
O deporte pontés volve cruzar fronteiras! 🌍💙
Dúas deportistas do Club Náutico Folixa das Pontes, Tania Casal e Elena Corrales, foron convocadas pola selección española para participar no Campionato de Europa de Barco Dragón, que se celebra en Múnic (Alemaña).
💪 Tania Casal competirá na categoría BCS (Breast Cancer Survivors), unha modalidade que une deporte, superación e visibilización da importancia da actividade física como parte da recuperación e da mellora da calidade de vida.
🚣♀️ Elena Corrales defenderá as cores da selección española na categoría Senior A, competindo ante as mellores embarcacións do continente nunha cita deportiva de máximo nivel.
A participación de dúas integrantes do mesmo club nun campionato europeo de seleccións é un motivo de orgullo para todo o deporte pontés e un recoñecemento ao traballo do Club Náutico Folixa, referente na formación de deportistas capaces de competir ao máis alto nivel.
👏 Desde o Concello das Pontes queremos trasladarlles todo o noso apoio e desexarlles moita sorte nesta importante cita, na que levarán o nome das Pontes, de Galicia e de España ata as augas de Múnic.
📺 Segue a competición en directo:
https://www.youtube.com/live/Id8iqXvTsA0?si=dahysSbeLn5u4S0a
#AsPontes #DeportePontés #ClubNáuticoFolixa #BarcoDragón #OrgulloPontés