🎆 AVISO Á VECIÑANZA – ESPECTÁCULO PIROMUSICAL
O Concello informa de que o sábado, 18 de xullo, arredor das 22:30 horas, terá lugar un espectáculo piromusical en honra da Virxe do Carme.
Sabemos que, para moitas persoas, este tipo de celebracións son un momento especial. Pero tamén somos conscientes de que os sons intensos da pirotecnia poden xerar malestar, medo ou ansiedade noutras persoas, especialmente en quen presenta autismo, hipersensibilidade sensorial, alzhéimer, enfermidades neurolóxicas ou outras condicións que afectan á percepción do son. Tamén poden afectar a bebés e nenos e nenas pequenas, persoas maiores e animais.
Por iso, queremos informar con antelación para que as persoas afectadas, as súas familias e persoas coidadoras poidan prepararse e adoptar, se o consideran necesario, as medidas que lles axuden a reducir o impacto destes ruídos.
Agradecemos de corazón a comprensión e a colaboración de toda a veciñanza para que poidamos compatibilizar a celebración desta tradición co respecto e o coidado das persoas máis sensibles.
🤝 Grazas pola vosa comprensión e desculpade as posibles molestias.