🌸 Comezamos a preparar a alfombra floral do Carme!
Un ano máis, facemos un chamamento a todas as persoas que queiran colaborar na elaboración da nosa alfombra floral. Non é necesario asistir a todas as xornadas: cada pequena axuda conta e será moi benvida.
📅 Mércores, 15 de xullo | 🕓 16:00 h
📍 Pavillón Polideportivo da Magdalena
• Montaxe da plantilla
• Decoración do cruceiro
• Tinguidura do serrín
📅 Xoves, 16, e venres, 17 de xullo | 🕙 De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
📍 Pavillón Polideportivo da Magdalena
• Picado de flor
• Tinguidura do serrín
• Elaboración da decoración do cruceiro
📅 Sábado, 18 de xullo | 🕙 De 10:00 a 14:00 h
📍 Pavillón Polideportivo da Magdalena
Remataremos os traballos que queden pendentes.
📅 Domingo, 19 de xullo | 🕔 05:15 h
📍 Capela do Carme
Comezaremos a confección da alfombra floral.
💚 Anímate a participar e trae contigo familiares, amizades ou calquera persoa que queira botar unha man. Co esforzo de todas e todos faremos posible unha das tradicións máis fermosas das nosas festas.
Grazas pola vosa colaboración!