🌿💧 Uso responsable da auga este verán
Coa chegada da época estival e o incremento habitual das temperaturas, aumenta tamén o consumo de auga debido ás actividades propias desta época do ano.
Por iso, é importante facer un uso responsable e eficiente da auga, contribuíndo entre todos e todas ao coidado dun recurso esencial e ao bo funcionamento do servizo de abastecemento.
💧 Pequenos xestos que marcan a diferenza:
• Empregar a auga de rego de forma moderada e, sempre que sexa posible, nas horas de menor calor.
• Facer un uso puntual das mangueiras nas tarefas de limpeza.
• Pechar a billa cando non sexa necesario o seu uso (lavado de dentes, enxaboado, etc.).
• Revisar e reparar as pequenas fugas no fogar.
• Utilizar lavadoras e lavalouzas con cargas completas.
• No caso de encher piscinas, facelo de maneira gradual e sempre en coordinación coa empresa concesionaria do servizo de abastecemento, para evitar sobrecargas na rede.
A colaboración da veciñanza é fundamental para garantir un uso sostible da auga e contribuír ao bo funcionamento dos servizos públicos durante todo o verán.
🤝 Grazas pola vosa implicación e por seguir facendo un uso responsable dun recurso imprescindible para todos e todas.