🎉🌸 Feliz Día da Virxe do Carme! 🌸🎉
Hoxe, 16 de xullo, celebramos o día da nosa patroa, unha das datas máis especiais do calendario das Pontes. 💙
Desde o Concello queremos enviar unha agarimosa felicitación a todas as Cármenes e Carmelos, desexándolles que desfruten dun día moi feliz, rodeados da familia, das amizades e de todas esas persoas que fan desta xornada un momento único. 💐
Facemos extensiva esta felicitación a todas as pontesas e a todos os ponteses, así como ás persoas que nos acompañarán nestes días para vivir as Festas do Carme 2026 🎡🎶
Que estas festas sexan unha oportunidade para compartir, reencontrarse, gozar da nosa tradición e seguir enchendo as rúas de vida, música, ledicia e bos momentos. ✨🤝
🎆 Desfrutade das festas con alegría, respecto e responsabilidade. ❤️ Feliz Día da Virxe do Carme e moi felices Festas do Carme!