Noticias y alertas

🚣‍♀️🌊 O lago das Pontes conta xa cunha nova estación náutica, unha infraestrutura que reforza a súa posición como espa...

16/07/2026

🚣‍♀️🌊 O lago das Pontes conta xa cunha nova estación náutica, unha infraestrutura que reforza a súa posición como espazo de referencia para a práctica deportiva, o lecer e o turismo de natureza.
O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, e a concelleira de Turismo, Deportes e Promoción Económica, Elena López, supervisaron o remate das obras.
✅ A actuación, cun investimento de 340.536,35 €, foi financiada con fondos europeos Next Generation, a través do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Fragas do Eume.
Entre as melloras realizadas destacan:
🛶 Unha explanada de máis de 3.800 m² para actividades náuticas e deportivas.
🌊 Un novo acceso á auga con gradas, plataformas, escaleiras e rampla para embarcacións.
🚿 Unha zona específica para a limpeza e desinfección de embarcacións.
💡 Novas redes de abastecemento, saneamento, drenaxe, electricidade e iluminación LED.
🌱 Actuacións de integración ambiental, con materiais reciclados e revexetación dos noiros.
Esta nova infraestrutura permitirá mellorar a práctica dos deportes náuticos, ampliar os servizos do lago e seguir impulsando As Pontes como un destino vinculado ao deporte, á natureza e ao turismo sostible.
Máis info: https://vive.aspontes.org/rematan-as-obras-da-nova-estacio…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies